Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

28-11-2006, 02:27

bogit

Categoria: rOjo...nOa

gústame abanear. é como flotar. gravidade cero. e moita música. baléirome. e fóra chove. e ti non estás. non hai inercia. era mentira. pero hai forza. téñoa. e quéroa. ti estás onde eu queira. mírame e búscame entre a xente. búscame moito. estou aquí. ó teu carón. flotando no teu peito. non durmo. só quero que ti non te levantes nunca. son unha gata. e encóllome toda. son feliz mentres ti me enredas o pelo. non te preocupes que eu non me peino nunca. respira comigo así todo é moito máis fácil. quero nadar. non sei qué me dis. non entendo. non te rías de min que son pequenísima. e abrázame moito. nas columnas. que non caen. tranquilo. téñoa eu, recórdao. pero non pares de preguntarme. só gústame (ti) tanto. a man aí está mellor. risas en cadena. cadrado perfecto. cales son os teus dedos? xa me estás encontrando. pero non te vaias. a miña adaptación leva tres días e un millón de fotos. e trátame de vós. fálame así. que de escoito ainda que non queiras e non che conteste. gústame cando falas. estou tranquila. e non necesito decir nada. fálame, en serio que si que te escoito! é un dos meus pasatempos favoritos. as túas mans de malabarista acaríñanme a cara. e ti séntaste tamén. e mírasme tanto. só quero quedar dormida. despértame ti. rapaz. que traes a marca do meu bico na cara. non me leves nunca esta complicidade.

Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios

  1. uuoooo! no m entero d nada.. xo m gusta el texto ;)
    Un PeToNeT ToNtI!!

    ToLiTa — 28-11-2006, 13:58 Hace 1 año y 21 meses

  2. creo que se perdeu o meu 1º comentario así que repito, hehehe

    en fin, que como puideches pensar que non te comentaba por vontade própria!, hehehe, senón te comento algúnha vez ou é porque o teu blogue non me deixa pasar ou porque o meu internet non vai.
    E por certo, xexo que neste último post s´´i atopaches materia para extenderte un pouco mais, hehehe... creo que eu si me entero, mais ou menos, de algo, pero segues a ser moi críptica, ;D

    unha aperta.

    moucho_branco — 28-11-2006, 21:37 Hace 1 año y 21 meses

  3. moucho: cando me dan corda non paro.... o malo é que ma dan poucas veces.... jajajaja.

    tola: una abraçada! a ver qué más aprendo hoy! :D

    nOa — 29-11-2006, 15:38 Hace 1 año y 21 meses


Recordar datos