Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

20-11-2006, 15:07

o baleiro

Categoria: blancO...nOa

a inercia faime utilizarte como rede para non caer ó baleiro. para manterme sempre no mesmo punto. pero como é caer ó baleiro? eu creo que ten que ser como voar eternamente. pero a cegas. e creo que non me gustan as cousas a cegas. pero si a sensación de vertixe entre o estómago e o peito.
solucionar a miña vida con metáforas é máis sinxelo. é como ver as cousas dende outro punto de vista. dende fóra. de momento non me serve de nada.

Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios

  1. pois me pasa como con 2001 de Kubrick, que non teño as claves para comprender a metáfora dentro da própria obra, ;D
    como supoño que neste caso non haberá un libro sobre a materia envíoche un saúdo e ´coméntoche que falando de metáforas, ás veces comentar no teu blogue é como escalar unha grande montaña, fai falta moita determinación e paciencia, hehehehe

    unha aperta.

    moucho_branco — 21-11-2006, 17:49 Hace 1 año y 23 meses

  2. alégrame que sigas tendo determinación e paciencia. pero eu creo que nesta ocasión o comentario é sinxelo... mereceríache a pena voar eternamente se non vas cair a ningún sitio e ademáis non tés nada que ver?
    formulando esta pregunta creo que me contestei...
    igual debería parar de complicar tanto os post. a xente non se atreve a comentarme...
    saúdos ;b

    nOa — 21-11-2006, 21:27 Hace 1 año y 23 meses

  3. non sexas parviña, que os post están xenias!!!! en serio, e si, creo que xa o dixeches ti todo. eu son das que cre que si que se pode solucionar a vida con metáforas, porque sempre dan luz a tanta rutina. explican o inexplicable. un bicazo!!!

    aultre narai — 25-11-2006, 17:31 Hace 1 año y 22 meses


Recordar datos


ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Loteria navidad