películas (I)
(idea orixinal: moucho branco)
non sei cando foi que Titanic deixou de ser a miña película favorita. supoño que sería o día en que deixei de escoitar os BackStreet Boys. non son unha cinéfila friki, pero si son unha cinéfila. encántame o cine. non sei distinguir entre unha boa fotografía. case nin unha boa dirección. a min gústanme as historias. por iso sempre choro cando eu escollo unha película. hoxe quero presentarvos a miña Trindade. son as tres películas que máis veces vin. intento ordenalas por preferencia pero non sei.
La fortuna de vivir:
descubrina un día detrás do cedé de amélie. tardei seis meses en vela dende que ma regalaron. e namoreime tanto... dáme ganas de cambiar o mundo. e respirar profundo.
Amélie:
faláronme dela en clase de latín. unha das miñas compañeiras dixo que saíra do cine con ganas de vivir. a min dáme unhas ganas infinitas de namorarme. eu recordo que a vin en vídeo. unha mañá na miña casa. e quedei extasiada diante da pantalla.
airbag:
é a historia máis surrealista que vin nunha película ata o momento. é a miña Comedia con maiúscula. os seus diálogos son icribles. e a ironía é marabillosa. en airbag tamén choro. pero da risa. e dígoo completamente en serio.
Hai 3 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 165 veces.
