non conseguín emborracharme...
non teño para quen mirar. ata que apareces. e non me ves. eu espíote. e penso que a ninguén lle senta tan ben ese xersei de raias. e vaste achegando. sitúaste xusto detrás de min. e eu bailo como se non me dera conta. e ríome da situación. non o entendo. e o aire na cara. e un encontro casual na entrada dun pub. eu sorrío mentres me falas e míroche ós ollos. grandes. e falamos de música. peligramos cando falamos de música. xa fixemos unha vez banda sonora. e fuches ti o que marchaches por primeira vez.
gústasme. non sei por qué o nego.
Hai 5 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 163 veces.
