nacer de novo...
non podo crer o que acabo de ver. é o que ten ser friki. e ter tele. teño que dicir que o meu non é documentarme así que aviso de que non sei nada máis do programa que os dous minutos que vin. deus é a cura das depresións. xa o sabedes. rezade moito que vos fai caso seguro. cura dende a soledá ata un cáncer de tiroides. é a solución a tódolos problemas. pasando polas facturas todas. o sida é unha pandemia porque son todos uns pagáns. eu non o creo... na tvg! non é unha cadea pública? case desencaixo a mandíbula e vou ter ollos de sapo para o resto da vida. ah! e se chamas agora! recibirás gratuitamente un novo testamento! eu non sei se é porque é moi tarde... pero a min isto paréceme surrealista... como diría noélia: não acredito!
Hai 6 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 270 veces.
