a día dous...
solo son ordenada cando tendo a roupa. deime conta hoxe. e no seu defecto unha vez á semana. encántame o aire que hai agora. e a calma que xa se respira nel. meu pai fala por teléfono cun amigo seu que fai moito que non ve. e eu espío. fala igual ca min con calquera delas. eu tamén teño ganas de velo. setembro cámbiao todo. aínda que eu siga aquí. teño ganas de irme. de fumar sempre que queira. de ir a algún concerto. teño ganas de ser dona de min completamente. de facer o que me apeteza. estou namorada de tonhito de poi. confésoo. encántame a banda de poi.
Hai 2 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 169 veces.
