chau...
agora que non estás cando penso en ti sítome pequena. unha nena pequena. coma cando tiña cinco anos e me dicían que viña meu primo Eduardo, de México. el tiña 15 anos e xogaba comigo no sofá. tirabámonos coxíns. contábame contos. faciamos puzzles. e un día eu espereino no sofá. pero sentou a comer con meus tíos e xa non xogou máis. cando se levantou da mesa fíxome cóxegas e marchou. coma ti.
Hai 5 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 219 veces.
