os homes da miña vida (II)
vinte onte. levabas un xersei de raias. estabas guapísimo. coma sempre... pero mellor. e tiven un dejá vu. si, porque fai moito tempo que non soño contigo. e gústame así. que aínda te cortes cando me saúdas e non sabes qué dicir. e eu vólvome tola e fáloche de nada. e parece que estás disposto a non mirarme nunca. gústame porque dura pouco e porque é simple. porque non nos imos querer nunca. e é divertido. cando te miro paréceme que non vai haber nunca un home que me guste tanto coma ti. e é mentira. e xa non me acordo nunca de ti. onte olvidóuseme contarte.
Hai 6 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 161 veces.
