ai, maría la portuguesa...
dous anos (e pico) despois viñeches. viñeches un segundo, só para ensinarte. só para recordarme que a perfección existe máis alá do sorriso torcido de Alberto San Juan en Airbag. viñeches. e tembláronme as pernas unha vez máis. incomprensible. e déchesme (costouche) dous bicos tan ben dados (sobre todo un) que por un momento pensei que se me despegaban os pés do suelo. case perdo o sentido diante de todos... sigo dicindo que a veces eu tamén teño os ollos verdes, pero agora as festas báilanse deitados na herba... e xa ninguén canta María la Portuguesa, desde Ayamonte hasta Faro...
Hai 5 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 186 veces.
