si, claaaro...
sempre que teño noticias túas acabo chorando... un pouco de pena, si, pero é máis emoción ca outra cousa... incluidos os recordos... non son tristes... son preciosos. marabillosos. e tamén sorrío. coa boca que teño. que cando me río parece un buzón. (paréceo nas fotos, polo menos). a perfección non existe... e ti tés cousas que non me gustan nada. a veces nin sequera te entendo. ás veces ata me dás medo. pero non me importa. fai pouco acordeime de algo que me fixo sentir un pouquiño amélie. non ten nada que ver. pero é algo que lle pasaría á protagonista da historia que eu escribira. non o vou contar. ainda que morro de ganas de que o sepa todo o mundo. porque quero que sexa un secreto. aínda que ti non te acordes. penso moito en ti. bueno... realmente vai por días. pero hoxe tocouche...
(e agora debería copiar e pegar e mandar...)
Hai 7 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 327 veces.
