36 hrs.
estou lúcida
e son hermética...
por qué?
non todo o mundo sabe lerme...
(non é fácil)
quero que nunca poidas descansar
que...
non es real...
inventeite de noite...
nun lameiro...
ou en cOmpostela...
cando xa non tiña frío
e me entrevistabas...
son hermética...
por iso calaba...
non sei nada de ti
pero ti aínda sabes menos...
non o necesitamos.
falar...
faime saber quen son
e que quero de ti...
de vós...
por qué?
no xadrez
sempre me enroco...
para que non poidas asaltarme o rei
mentres eu acorralo
a túa raíña...
(inténtase)
a liberdade que non pode saltar.
os lóstregos
son flashes que dán medo.
a min non.
ti es un lóstrego...
un trasgo vestido
de ionqui (neo) revolucionario...
non serei a túa droga... (nunca)
pero non quero.
non.
a min gústasme
sen dependencias...
hoxe
morrer por amor é imposible
(eu non sería capaz)
eu tamén quero
un home que me quite o sentido...
se non...
para qué?
só quero que me mires...
que te rías e me preguntes...
(pérdome!)
valer é cuestión de seguridade.
Hai 1 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 230 veces.
