máis raras...
(...) Dicir dicíanse esas cousas que din os namorados, pero máis raras.
El dixo que, en saíndo libre, iría ao Porto, ao mercado do Bolhão, mercarlle un saquiño de fabas de cores que chaman marabillas.
Ela dixo que lle regalaría un saquiño con horas. Que sabía dun feirante de Valença que vendía horas do tempo perdido.
El dixo que terían unha nena e que lles sairía poeta.
Ela dixo que soñara que xa tiveran un neno había anos, que fuxira nun barco e que era violinista en América.
E eu pensei que non eran oficios de proveito para os tempos que ían. (...)
O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas.
Hai 1 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 169 veces.
