reinvenCión...
eu non pinto os labios... [os ollos si porque os meus falan máis que a boca...] non uso tacóns... e apagar os mistos axitándoos non é feminino...
á noite... ata o ruido dos coches parece música... cando por fin me quedo soa e vivo nunha película permanente...
gustaríame que a miña vida tivese b.s.O... e que tódalas frases e os escenarios fosen de cine [pero reais e sen guionistas]
laranxa aMélie... [ou verde último anuncio de lerOy melin]
a miña habitación non ten sentido onde está... e non é hermética...
gústame fumar cando tomo café... e gústame tomar café porque me fai escribir...
quero verte...
as cousas cando se explican perden todo o sentido...
Hai 3 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 363 veces.
