ouTra vez...
fai frío gris... e moito vento...
fóra todo é perfecto... a luz... a cor verde da herba... as mazairas sen follas... o carballo amarelo... as follas arredor do tendal... a desorganización das plantas do meu pai/da miña nai...
teño pensamentos encontrados... fai unha semana que penso na primeira vez que o vin... e non dou escrito nada... e penso que quedei sen palabras... sempre me soan ó mesmo... só podo recordar... e [por fin!] seguir soñando... pero non podo escribir... intento buscarlle algunha explicación e non a atopo... igual non a hai... non penso que non poda volver escribir... pero xa non sei cando será a próxima vez... porque non me aclaro con nada... nin sequera coas palabras... e inténtoo... porque me apetece... porque a veces parece que todo é perfecto... e non me sae nada... e desespérome por momentos... pero creo que o mellor será seguir intentándoo e esperar...
Hai 4 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 341 veces.
