anxOs de garDa...
estou lendo "anxos de garda" de Anxos Sumai. é un diario... e resúltame un pouco raro que unha persoa viva publique o seu diario así porque si... até que me parei a pensar en qué é un blog... e eu escribo un, pero aínda así resúltame raro pensar nunha publicación impresa así. o libro traime moitos racordos. está escrito entre setembro do 2oo2 e abril do 2oo3. o afundimento do Prestige e o comezo da guerra de Iraq en vivo e en directo. e é interesante... parece que eu tamén perdín a memoria do sentimento deses días... ¿será inevitable recordar as cousas tan borrosas que resulta difícil separa-la realidade dos soños? a min pásame sempre...
síntome moi rara... foi un cambio moi radical. dun día para o outro deixei de saber da existencia das persoas que me marcaron este ano. e teño un mono terrible das súas charlas, risas e demáis historias... estoume sentindo un pouco soa e fóra de lugar, pero este ano non me apetecen as mesmas cousas... pero si os mesmos recordos...
non sabes a falta que me estás facendo... [algún día postearei o poema que dá media explicación a esta frase...]
b.s.O. :: Manolo García – Pájaros de Barro.
Hai 0 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 234 veces.
