Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

05-07-2005, 17:13

Categoria: blancO...nOa

Escandir, esconder as palabras da dor
coa cautela de quen inda ten esperanza
e celebra-la vida e os seus íntimos lumes
coma milagres mínimos,
máis seguros, máis certos.

Soñar que se é feliz.
Despreza-lo valor que dá o resentimento,
alimentar unha ave de mirada limpísima
e elevarse no ceo coa memoria das cousas
espidas de sospeita,
contra a luz liberadas.

Contemplar dende a altura a dimensión humilde
do labor de vivir e os seus mil pormenores,
o entusiasmo, o fervor, as alegrías breves,
a maldade dos torpes, o soño esfarelado
sobre o río das horas.

Calibrar na distancia a medida dos actos
mesquiños dos humanos e o termo das intrigas,
o corazón a salvo de enganos e vilezas,
entregado ós espellos, á música das augas
e ás máscaras implícitas.

E ó cabo regresar ó teu lugar, que é este,
pra saberes que es terra, que a terra te reclama
con voz grave que emerxe dende o fado e que esixe
recoñecer nos outros o neno que acubillan
e pedir en amor o teu quiñón do mundo.

E pedir en amor o teu quiñón do mundo.


Libra, Gonzalo Navaza.

[sei que hai xente que quere que escriba eu... pero aquí non teño tempo para pensar...]

Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios

  1. mola mogollón!eu cando rematen as miñas horas quero ser unha violeta e coñecer, coma Navaza, os segredos do mundo coas miñas raices.

    x.t — 06-07-2005, 18:13 Hace 4 años y 54 meses

  2. as palavras própias nom som sempre as melhores.
    escribe o que che apetesa, rula, que para aljo esto é teu... libre albedrío!! y a quién no le guste, siete cuncas!! sempre é máis cómodo copiar as palabras que outro discorreu. teremos que pedir todos o noso quiñón do mundo do mesmo xeito?? a min eso do amor non é que se me dea moi ben, prefiro faser janchillo ;P

    flower_death — 07-07-2005, 04:07 Hace 4 años y 54 meses

  3. NON SEXAS TAN DURA CONTIGO RAPASA. QUÉN SABE SE ATOPAS A UN QUE SABE FACER ENCAIXES DE BOLILLOS. UN BIKIÑO ESTRELIÑAS.

    X.T — 07-07-2005, 18:58 Hace 4 años y 54 meses

  4. unha das cousas que máis me gusta de Navaza é como xoga coas palabras...
    Noa, ti escribe o que millor che preste... aínda que a min me encanta que nos regales as túas palabras! : D
    Flower... ti o que vas facer é a mantilla da voda...

    xenevra — 08-07-2005, 12:37 Hace 4 años y 54 meses


Recordar datos


LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009