Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

12-06-2005, 19:32

diariO de "onCeañera"...

Categoria: blancO...nOa

hoxe á tarde, en vez de estudiar literatura, ou galego, ou calquera cousa... atopei un diario de cando tiña once anos... aquela época dourada da miña vida na que era madridista, escoitaba os BackStreet Boys, escribía en castelán, me gustaban os "chicos" de media melena rubia, ollos azuis e caras de nena... suspiraba por Raúl [o do madrí] e quería ser unha Spice Girl liada cun BackStreet Boy... e eu que pensaba que daquela xa tiña quince anos... pero non, equivoqueime, ós quince anos quería ser esa rapaza rubia, de ollos azuis e con cara de anxo que namorase perdidamente ó rebelde con bo corazón da súa clase e lle fixese entrar en razón... até que non sei como nin por qué comecei un xiro que creo que me levou até o que son hoxe...

agora mesmo prefiro non analizarme... non sei se cando teña 29 anos me fará tanta gracia o meu diario de "veinteañera"... e non sei qué prefiro...

bicOs, chê! ;b

Trackbacks

Trackback URL para este post

  1. [...] http://tolemia.bitacoras.com/archivos/2005/06/12/diario_de_onceanera os hablaré de cómo era yo antes de cambiar. Vestía ropa en plan roller. Patinaba (Roces, os echo de menos ;)). Escuchaba techno y dance todo el día (Los Picapiedra Mix, Pl [...]

    El Dominio de Saverbrunn — 2005-07-04 02:30:04

Comentarios

  1. aquela época dourada da miña vida na que era madridista, escoitaba os BackStreet Boys, escribía en castelán,

    Anotareino...

    ~TeRMi~ — 13-06-2005, 18:01 Hace 4 años y 54 meses

  2. era moi pequena... non mo teñas en conta que bastante teño con recordalo eu ;b

    nOa — 15-06-2005, 12:38 Hace 4 años y 54 meses

  3. É normal que o que che gustaba fai anos (e se é na idade do pavo pois... xD)o vexas agora e penses "vaia tontería, non sei como me puido gustar algo así...."; a mín en certo modo tamén me pasa. Coa miña forma de vestir (non variou moito moito pero sí un chisco) unha parte da música que escoito, as preocupacións, os complexos que tiña (e xa non ;) ), etc. Pero tamén como dís ó final, supoño que dentro de 10 ou 15 anos tamén verás de maneira diferente as cousas que como as ves agora.

    Saúdos

    Saverbrunn — 18-06-2005, 16:03 Hace 4 años y 54 meses

  4. O dos Backsstreet Boys e o de Raúl é imperdoable, "te pongas como te pongas", querías unha boa tunda...

    Anxo — 18-06-2005, 16:35 Hace 4 años y 54 meses

  5. o que conta é que xa non teño 11 anos... non?

    nOa — 20-06-2005, 20:31 Hace 4 años y 54 meses

  6. calla la boca, que yo quería ser modelo y casarme con Brian (pa quen non estea posto no tema, é un dos back street boys -soñaba con viajar a Orlando y encontrarme con el de casualidá y que se enamorase de mi nada más que me viera) jajaja ke triste! sempre está ben mirar atrás e ver quen somos e quen fomos. polo menos notas diferencias dun tempo a outro, eso significa que hai unha evolución... ás veces é de nós mesmos de quen máis podemos aprender, se nos sabemos mirar ben.
    (e non escribo máis por hoxe, que me dei conta de que en "comentarios recentes" vou quedar eu soa ocupando toda a lista. mimá. sintoo tía, pero é que non tiña janas de estudiar e o teu blog é caralludo. encántame como escribes. pero escribes moi poucooooo!! anímate e postea máis a miúdo. bikosssss)

    flower_death — 24-06-2005, 02:33 Hace 4 años y 54 meses

  7. pois eu non me arrepinto de ter unha post-infancia tan semellante á túa. cada persoa ten unha serie de necesidades nun momento determinado da súa vida, e se podemos, cubrímolas. fai dez anos gustábanche os bsb e escoitábalos... e joder... tiñan canciós bonitas...creo.dentro de 20 anos sorrirás por como es agora... supoño ke é normal. mólame o teu blog. pero escribe máis!!

    xenevra_99 — 30-06-2005, 22:03 Hace 4 años y 54 meses


Recordar datos


LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009