sOños para nOn oLvidar...
hoxe soñei que ía a un concerto de Fai Tun Flai invitada polo Xampi, persoalmente. andaba por Churruca coa Locha e topábame con el de fronte. non me acordo moi ben de que pasou despois, pero a policía detiña ó Xampi por terrorista islámico.... meu pai poñíase tolo e berraba que non podía ser que eu os enganase así. eu tiña que declarar nun xuízo que coñecía ó Xampi dende que eramos pequenos [ben, dende que eu era pequena] e que en realidade non se chamaba Mohamed. creo que ó final o soltaban e todos eramos felices e comiamos perdices. [o problema do xuízo ven dado porque eu non sei como se chama o Xampi en realidade... ;b]
[soñeino de verdade, eh?]
Hai 0 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 184 veces.
