Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

08-03-2005, 21:55

faLar gaLego... nO veo por Qué?

Categoria: blancO...nOa

o título deste post está sacado dun libro da miña profesora de Galego I, Ana Iglesias.

aínda que moita xente nin sequera pense nisto, Galiza sofre unha situación diglósica. a Diglosia é o conflito lingüístico que consiste en que unha lingua A [ou dominada ] sexa absorvida por unha lingua B [dominante]. neste caso, o galego segue a estar absorvido polo castelán. e parece que só a 12 alunos de Filoloxía Galega [por curso e facultade, como media] nos importa un pouco. todo o mundo di que o galego es muy bonito, pero es que a mi de pequeño me enseñaron a hablar castellano. a min xa non me vale de excusa. ti tamén sabes falar galego, moléstate un pouquiño e inténtao, porque se non o intentas nunca, nunca vas aprender, e iso quere dicir que aos teus fillos ti tampouco lles vas ensinar a falar galego, é dicir, tampouco o van falar, e así sucesivamente, até que os galego-falantes sexan unha pequena aldea luguesa [;b] no medio dos Ancares e o Caurel onde non hai nin electricidade, e que os antropólogos culturales utilizarán para facer traballos de campo [algo se me quedou de Filosofía :D].

o desprestixio que aínda ten o galego tén moito que ver coa historia. coa historia de hai séculos, e coa historia de hai décadas. graZas a uns Xefes de Estado completamente centralistas, en distintas formas, prohibiuse falar galego [en Galicia!] conseguindo así que a nobreza primeiro, e os de arriba despois falasen en castelán, propiciando que, nun intento de querer mellora-la súa situación, algúns dos que estaban abaixo os imitasen. claro que, sempre hai extremos, como pegar a un neno que falaba galego na escola... [pensade que esaxero, pero é un caso moi cercano].

e a pesar de tres Séculos Escuros na literatura, e grazas ós campesiños e as clases baixas, o galego sobreviviu e evolucionou. por iso tÓdolOs galegos deberiamos estar tremendamente orgullosos do noso patrimonio lingüístico, da herdanza que os nosos antergos nos deixaron, aínda téndoas que pasar putas. xa o dixo Castelao: se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.

segundo un informe da UNESCO, o galego é unha das mil linguas en perigo de extinción... e cando unha lingua se perde, non só se perde unha lingua... pérdese unha identidade, un patrimonio e unha cultura. eu quero resistirme a pensar que polo pasotismo dalgúns, algún día o galego só sirva para interpretar textos históricos. así que:

FaLa gaLegO... é CuestiÓn de viDa ou mORte...
[adicado a Iván e Noelia, porque me inspiraron :)]

[e tamén a Patricia, Jenni, Estela, Benxamín, Óscar, Conchi, Anxo, Sandra, Termi, Rover, nOa -esa son eu-... veña... e a Olalla tamén, por estudiar Filoloxía Galega e querer aprender e ensinar esta Obra de Arte :D]

Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios

  1. eeeeeeei !! que os tradutores tamén temos un papel importante na normalización lingüística. Non só os filólogos amades e defendedes a nosa lingua e cultura. Galicia precisa ter as portas abertas (tódalas portas do mundo deberían estar abertas) e é labor de todos abrir, ademáis das portas, as fiestras, para que entre ben a luz :)

    flower_death — 24-06-2005, 02:16 Hace 3 años y 40 meses


Recordar datos


ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Quiniela