Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

24-02-2005, 17:07

sOa...

Categoria: neGro...nOa

sei que hoxe vou chegar á casa e só vou ter ganas de escoitar a Ismael... de ver algunha película q me faga chorar e de intentar resolver millóns de dudas que me comen a cabeza cada día... De soñar esperta con miles de futuros e presentes que quero vivir, pero que non dependen só de min... e tamén sei que non vou poder... non me van deixar... porque non me entenden... e estráñote... tódalas noites me apetece falar contigo... coma antes... coma ese pasado co que tamén soño esperta e que parece que non vai voltar... e eu non quero... non quero que pases pola rúa e teña que saúdarte coma a un estraño... cando desexaría saltarche os brazos... [sei que todo o mundo vai pensar o que non é, pero xa non me importa]

en fin, a pesar de que é moi difícil, hoxe teño ganas de estar soa... soa comigo, teño que aclararme, pensar que é o que quero e como o quero... pensar que é o que teño que facer e como o vou conseguir... e teño ganas de soñar... soñar moito... contigo, comigo, con el, con ela... con todos... [e non quero que me berres, nin que intentes que eu o pase ben cando non quero pasalo ben...]

anxo, eu a veces preciso tristeza... para desafogar...


Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios

  1. estou vendo esta pantalla coma un espello. si que é verdade que preciso estar soa para chorar moito e ser felizmente triste. non podo vivir sen escuridade, bágoas, reflexión, música que me recorde a ti e moito chocolate. e tabaco. e café. mellor unha cervexa. en compañía comigo mesma e co pensamento de que non quero pensar máis en ti, nin que te preciso. gústame demasiado estar soa. axúdame. faime ser eu.

    flower_death — 24-06-2005, 02:23 Hace 3 años y 40 meses


Recordar datos


ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Motociclismo