esta non é miña...
¿por qué se me vendrá todo el amor de golpe
cuando me siento triste y te siento lejana?
PABLO NERIDA
cuando se empieza a amar siempre estás lejos.
LUIS ROSALES
amei-te tanto esta tarde,
cando ti non estavas,
e estava o ceu como un atlas de auséncia
esvarando nas horas!
que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a sua fúria por acima de unha
sen piedade!
non sei porque estes dias en que temos tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro,
dias en que quixera aniquilar-te
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.
esta tarde amei-te como invasións de escumas
en sartegos tenrísimos.
non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas rotas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.
non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.
só sei que aqui me tés, a ti ofrecida,
sen culpa deste amor que caiu sobre min
non sei como pedra ou lóstrego ou fervenza.
esta tarde amei-te como nunca,
pero ti non estavas.
Pilar Pallarés
sétima soidade
Hai 0 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 960 veces.
