Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

27-03-2007, 11:56

marchei

Categoria: blancO...nOa

funme... e agora que xa o teño a salvo podo dicilo...

http://atolemia.blogspot.com

03-02-2007, 19:26

emigro... creo :S

Categoria: blancO...nOa

estou pensando en emigrar a blogaliza... ou en retornar a blogger... pero é que non estou convencida... e ademáis son unha sentimental... e dáme pena deixar esto... coa plantilla esta marabillosa que teño... e que tan amablemente me fixo termi... pero os problemas para comentar non teñen outra solución... de todas formas... cando me vaia xa vos enteraredes ;b

24-01-2007, 05:41

sirius black

Categoria: istO de que cor é?nOa



debe ser a sexta vez que a vexo... por aí lle calculo. é a película que máis me gusta, aínda que non é o meu libro favorito da saga (privilexio reservado ó cáliz de lume). sirius está tolo. e é un inconsciente. por eso me gusta tanto. pero os as películas non fan xustiza ó seu personaxe. quizáis ós directores non lle pareza importante. e iso paréceme un erro tremendo! voume ter que meter a directora... aínda que como a quinta película xa está en proceso non ten moito sentido... (oh dios! férveme o sangue!)

p.d.: estou metendo no vicio á miña compañeira de piso e xa ata lle entran ganas de ler os libros ;b

21-01-2007, 05:17

inerte ;b

Categoria: blancO...nOa

"colgado al suelo simplemente
mantiendo un rumbo inerte
el suelo se convierte en poesía...
cada día suspiran mis zapatos
por dejar el pavimento
separándonos a ti y a mi del centro
cada dia..."

Piratas, Inerte.

creo que hoxe comprendín o sentido práctico desta canción. síntome realizada. :D

19-01-2007, 05:14

quiero dormir...

Categoria: blancO...nOa

tereime que conformar con saír ó balcón fumar un pitillo. eu quería durmir. pero é que non se me ocurre con qué soñar...

16-01-2007, 05:58

días e días...

Categoria: rOjo...nOa

se eu fose un día sería 17 de abril...
(...ou luns de carnaval).
para min sempre serás 1 de maio...
(...ou domingo de resaca).

10-01-2007, 03:35

navidá

Categoria: aZul...nOa

estou decepcionada.
por eso non espero nada.
pero teño todo o tempo do mundo.

09-01-2007, 05:08

a utopía que quixo sacarme a bailar.

Categoria: verDe...nOa

unha vez, durante case un ano, soñei que iba vivir nunha casa de pedra que ten as ventás vermellas e unha torre pequena con cristaleira. eu iría sempre vestida con falda e chaqueta de lá. e el (co seu nariz perfecto) levaría pantalóns de pana. plantariamos tomates nunha horta ó lado da casa e oiriamos sempre o ruido do río ó outro lado do lameiro. todo verde. e teriamos unha habitación con millóns de libros. pero descubrín que el non lía e que viviamos no século XXI.

02-01-2007, 05:17

filóloga! ;b

Categoria: viOleta...nOa

é normal.
pensas
que pasarei a vida
poñéndoche tiles.
(eu non son así)

29-12-2006, 14:19

big fish

Categoria: istO de que cor é?nOa


LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009